Noticias‎ > ‎

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE XIMNASIA DE TRAMPOLÍN. NIVEL ELITE 2019

publicado a la‎(s)‎ 30 dic. 2019 8:44 por Pilar Iglesias   [ actualizado el 30 dic. 2019 11:12 ]
Entre os dias 27 e 29 desenvolveuse no Pavillón do Pisuerga (Valladolid) o Campionato de España de Trampolín no Nivel Elite. O Club presentou 15 ximnastas do Nivel Elite, ximnastas incluídos no Plan de Patrocinios da Xunta de Galicia durante a tempada 2019 (Deporte Galego, Galicia Saudable e A Banca)

Na intensa xornada do sábado o Club conseguiu pasar a 28 finais repartidas entre as distintas categorías e modalidades: 13 finalistas en Trampolín, 10 en Dobre Minitramp e 5 parellas en Trampolín sincronizado.

Na última xornada de competición o Club acadou 22 medallas no Nivel Elite subindo a podio en todas as categorías nas que levaba representación excepto no Nivel 8 masculino onde Lucas, Guillermo e Nicolás non tiveron unha acertada competición.

Compre destacar ademais dos podios individuais a competición por equipos: Os equipos sub-15 subíronse ao mais alto do podio. O equipo sub-15 M (Hugo Vila Pérez, Hugo Rodríguez Pérez, Mateo Rodríguez Pérez e Saúl Rodríguez Rodríguez) proclamouse campión de España en Trampolín e subcampión en Dobre Minitramp; o equipo feminino (Ainara Camoeiras Vázquez, Rocío Salas Cid e María Fujú García Varela) tamén se proclamou campión de España. Nos equipos absolutos, o Feminino (María Salas Cid, Noa Puente-Dodd Álvarez e Alejandra Braña Barreiros) proclamouse ouro en DMT e bronce en Trampolín. Tamén a nivel individual María, Noa e Alejandra subiron ao podio nos dous aparatos nunha competición brillante.

Podemos concluír dicindo que tanto a competición no Nivel Base como no Nivel Elite de trampolín foi un éxito rotundo para o Club pavillonista
Deixámosvos un documento cos resultados finais desta competición onde podedes ver cales foron os Clubs mais laureadas.
Ċ
Pilar Iglesias,
30 dic. 2019 8:44
Comments