En Base nivel 1 Marta Rodríguez Cancio fíxose co título de campiona de España en Trampolín e subcampiona en minitramp simple onde María Fuju García Varela se proclamou campiona; completando o podio Ainhoa Crestelo Fernández que obtivo o bronce, un bonito podio completamente vermello e negro. Por equipos o equipo Pavillón A composto por Marta, María Fuju, Arantxa Bello Rodríguez e Hugo Rodríguez Pérez obtiveron a prata en trampolín e o bronce en minitramp. Na competición elite 10 dos 11 ximnastas conseguiron o seu pase a finais (algo impensable aínda fai poucos anos). En Dobre minitramp a pesares de contar con saltadores que xa destacaron noutras ocasións non estiveron tan acertados neste campionato, quizás tamén teña algo que ver o feito de que nunca tivemos recepción de DMT e que o aparello atópase nun deplorable estado sendo imposible adestrar os exercicios de dificultade. En trampolín sin embargo os xoves ximnastas conseguiron subirse ao podio. A mais pequena do grupo Candela Ferreira Pardiñas (10 anos) na súa primeira competición en elite conseguiu subirse ao podio no segundo posto na categoría 8-10 anos; Alejandra Braña Barreiros (11 anos) acadou a terceira posición na categoría 11-12 anos; María Salas (13 anos) quedou terceira en trampolín individual categoría 13-14 anos e terceira tamén en trampolín sincronizado xunto coa súa compañeira Noa Puente-Dod Álvarez; Lucas Domuro (15 anos) quedou tamén en terceira posición na categoría 15-16 anos e xunto co seu compañeiro Adrián Mecha do Club Asme (Barcelona) acadaron a segunda posición en trampolín sincronizado xusto por debaixo da parella formada por Claudia Prat e Marc Piñol. Por último Eduardo Novelle Man (17 anos) acadou a segunda posición en trampolín individual despois dunha emocionante final na categoría 17-18 anos. Parabéns a todo o equipo de trampolín e aos seus adestradores pola numerosa participación e a súa calidade. |
Noticias >