Un ano completo estivo a modalidade de Trampolín sen competición. Despois do duro confinamento a actividade deportiva reanudouse a finais de xuño cunha redución horaria importante en todos os grupos. A competición era para o Club, sobre todo, unha fonte de estímulo e de reactivación deportiva importante á que queríamos acudir intentando protexer o máximo posible a toda a expedición. Como todas as competicións que se están celebrando despois do confimanento, son complicadas, tanto para os organizadores como para os clubs participantes, pero os resultados obtidos a todos os niveis non puideron ser mais esperanzadores. Participaron na competición 18 ximnastas de Base repartidos entre tres categorías (Base1, Base2 e Base 3) e 11 ximnastas de Elite repartidos tamén nas diferentes categorías. Na xornada do venres o equipo de deportistas base patrocinados por A Banca no Plan de Patrocinios de Deportistas de Alto Nivel de Galicia acadou un total de 11 medallas destacando as medallas de ouro en DMT e prata en Trampolín do equipo Base. Os deportistas de nivel Elite, que competiron entre o sábado e o domingo subiron ao podio 11 veces destacando as dúas medallas de ouro (en DMT e Trampolín) do equipo sub-15 masculino. Das 11 medallas acadadas no nivel Elite, 8 delas foron de ouro. No documento adxunto deixámosvos unha táboa de resultados. Parabéns ao equipo técnico, deportistas e familias. |
Noticias >