O 26 de setembro tivo desenvolveuse en Valladolid o Campionato de España Base de Trampolín. O CXP acudía a este campionato con 15 ximnastas de nivel Base, para 10 de eles era a primeira vez que competiían nun Nacional. Todos estes ximnastas Base están incluídos na línea de patrocinios que A Banca ten coa Xunta de Galicia. Vistos os resultados pódese dicir que o Club fixo unha inmellorable competición no Nivel Base. Na competición por equipos o Club proclamouse campión de España de Trampolín nivel Base entre 20 equipos de todo o país. En trampolín o Club tivo ximnastas en podio en todas as categorías a excepción do nivel IVM onde Dieto obtivo a 4ª posición. Alicia Castaño Garrido e Samuel Rodríguez Puga proclamaronse campións no nivel I e III respectivamente. Uxía Blanco Cidón, José Juan Cambre González e Raquel Mayo García obtiveron a prata nas súas respectivas categorías e Ariadna Chayán Valencia obtivo o bronce. Compre destacar o Nivel IIF onde, nunha categoría moi dura (60 participantes) o Club ademais de subir ao podio con Ariadna conseguía situar a todas as súas ximnastas na parte superior da táboa (3º, 4º, 5º e 6º posto) o que nos constata o excelente traballo técnico que se está a facer. Na modalidade de Dobre Minitramp o Club tamén subiu a dous ximnastas ao podio pero a maioría deles situáronse na parte superior da táboa. Claudia Castro San Francisco obtivo o ouro en Nivel IIF e Diego Rodríguez Pérez a prata en Nivel IM. Por equipos acadaron a 7ª posición entre 22 equipos. Deixámosvos nun documento os resultados da competición base. |
Noticias >