Noticias‎ > ‎

Campionato de Conxuntos Base

publicado a la‎(s)‎ 1 dic. 2014 11:31 por carmen blanco


O día 22 de novembro os nosos conxuntos cadete e benxamín, recentes campións galegos, participaron no Campionato Nacional de Base de conxuntos.

Non foi un bó día para ningún dos dous conxuntos, non estando nada acertados, o que os colocou nos postos 22 e 68 respectivamente..

Aínda así a experiencia e a viaxe foron máis que satisfactorias para as nosas nenas e debemos pensar que de todo se aprende.

Agora toca pensar no seguinte Campionato Nacional Absoluto de conxuntos, en Zaragoza,no que o noso club participará con catro conxuntos.

Ánimo e a por todas!!
Comments