Noticias‎ > ‎

Campionato absoluto de conxuntos

publicado a la‎(s)‎ 7 ene. 2015 14:09 por carmen blanco


Entre os días 11 a 14 de decembro, en Zaragoza, competiron os nosos conxuntos federados no Campionato Nacional Absolutro.

O noso equipo junior competiu en xornada de mañán o venres e o sábado e a sorte non as acompañou, acabando no posto 37 da clasificiación xeral.

As alevíns de primeiro ano fixeron disfrutar á grada pavillonista dende o tapiz, coa súa frescura, acadando o posto 35 na clasificación xeral.

As infantís foron 40 clasificadas na categoría de máis participación, na que había 53 conxuntos. No seu segundo pase brindaron un brillante exerciciio que logrou un 9,500, que as situou ó final como mellor equipo galego clasificado.

Foron as alevíns de segundo ano as que nos deron unha sorpresa no seu debut en competición absoluta. Con unha competición moi regular, que xa viñan mostrando nas súas citas autonómicas, lograron situarse no posto 16 da clasificación xeral, sendo así primerias galegas clasificadas e superando o récord do club ata o momento en competición nacional. 

Parabéns a todas polo seu esforzó a e ilusión e agora … a pensar na tempada que xa comeza.
Comments