Noticias‎ > ‎

2ª Fase Liga Federacións Ximnasia Estética de grupo

publicado a la‎(s)‎ 27 jun. 2018 12:16 por carmen blanco
Prata para o equipo senior na 2ª Fase da Liga Federacions de Ximnasia Estética de Grupo.

O pasado 24 de xuño disputouse en Córdoba, no Palacio de Deportes Vista Alegra, a 2º Fase da Liga Federacións de XEG na que participaba o noso equipo senior.
Realizaron dous pases bastante regulares. No primeiro deles obtiveron un 13,700, moi sincronizadas e con moita forza. O segundo pase mantívoas no segundo escalón con un 13,300.
Con esta prata colocanse na terceira praza do Ranking da Liga, xa que na primeira fase disputada en Madrid no mes de abril obtiveran o quinto posto.
O progreso foi notable a pesares de ser a primeira tempada nesta modalidade para este equipo.
Seguiremos traballando con moita ilusión de cara á 3º Fase e sobre todo para a Fase Final que, este ano, se celebrará en Bilbao coincidindo co Euskalgym.


Comments