Noticias‎ > ‎

26º Campeonato de Europa de Ximnasia de Trampolín

publicado a la‎(s)‎ 26 ago. 2014 7:14 por Daniel Gomez Blanco   [ actualizado el 26 ago. 2014 7:28 ]
A ximnasia ourensá fíxonos vibrar no Multiusos de Guimaraes nesta semana de competición que durou o campionato de Europa de Trampolín (desde o 8 de abril ate o 13).

Entre unha delegación española formada por ximnastas de distintas comunidades: Madrid, Cataluña, Castela León... Galicia levaba unha ampla representación, e foi precisamente Galicia e mais concretamente Ourense quen conseguiu un maior número de podios.

Eduardo Novelle do Club Ximnasia Pavillón, volve da competición con dúas medallas:

- Medalla de prata en Doble Minitramp acadada xunto cos seus compañeiros de Madrid e Valladolid (equipo junior). Foi precisamente o noso ximnasta o que obtivo a mellor nota do equipo, moi cerca da nota dos rusos (equipo gañador) e por riba dos británicos.
- Medalla de bronce en sincronismo acadada co seu compañeiro Víctor Torres (Club Gredos, Madrid), nun exercicio de sincronismo sobre o trampolín que espertou moitas expectativas; despois de bielorusos e daneses.

Os nosos parabéns a Edu e aos seus adestradores por estes magníficos resultados sen precedentes no noso club. O esforzo de ximnastas, adestradores e pais acaba revertindo en grandes alegrías.
Comments