Noticias‎ > ‎

1º FASE COPA DEPUTACIÓN E PROVINCIAL ESCOLAR

publicado a la‎(s)‎ 5 may. 2018 8:54 por carmen blanco
O domingo día  29 de abril estivemos en Ribadavia na primeira fase da Copa Deputación na modalidade individual e primeira fase de Copa Deputación e Provincial Escolar (clasificatorio para o Campionato Galego de nivel escolar) na modalidade de conxuntos. 

Tamén se celebraba o provincial de promoción que, neste caso, non era clasificatorio posto que hai moi poucos conxuntos e individuais que se presentan neste nivel na nosa provincia.

Os clubes pavillonistas acudimos con todo o noso arsenal de conxuntos e individuais escolares e de promoción (un total de dezasete conxuntos escolares, catro ximnastas individuais e seis conxuntos de promoción).

Os nosos conxuntos de promoción deron mostra dunha excelente progresión que se ve día a día en cada competición.

En canto á competición de nivel escolar, as nosas individuais fixeron pleno con dous ouros e dúas pratas. 

Os conxuntos do Club Ximnasia Pavillón obtiveron tres metáis dos catro posibles e os conxuntos do Escola Pavillón fixeronse con seis metáis. Todos eles deron mostra do seu traballo  aínda con erros que correxir cara as vindeiras citas.

A s clasificacións dos nosos conxuntos e individuais foron as seguintes:

 COMPETICIÓN INDIVIDUAL 1º FASE COPA DEPUTACIÓN

CATEGORÍA INICIACIÓN: 2º Lara Barandela- CLUB XIMNASIA PAVILLÓN OURENSE

CATEGORÍA BENXAMÍN: 2º Alejandra Baliñas- CLUB XIMNASIA PAVILLÓN OURENSE

CATEGORÍA INFANTIL: 1º Elia Dorribo- CLUB XIMNASIA PAVILLÓN OURENSE

CATEGORÍA CADETE: 1º Denisse Fernández- CLUB XIMNASIA PAVILLÓN OURENSE

COMPETICIÓN CONXUNTOS 1º FASE COPA DEPUTACIÓN

CATEGORÍA INICIACIÓN: 1º ESCOLA XIMNASIA PAVILLÓN A

CATEGORÍA PREBENXAMÍN: 1º ESCOLA XIMNASIA PAVILLÓN B e 3º ESCOLA XIMNASIA PAVILLÓN A

CATEGORÍA BENXAMÍN: 3º ESCOLA XIMNASIA PAVILLÓN

CATEGORÍA ALEVÍN: 1º CLUB XIMNASIA PAVILLÓN OURENSE

CATEGORÍA INFANTIL: 2º ESCOLA XIMNASIA PAVILLÓN A

CATEGORÍA CADETE: 1º CLUB XIMNASIA PAVILLÓN OURENSE e 3º ESCOLA XIMNASIA PAVILLÓN

CATEGORÍA SENIOR: 1º- CLUB XIMNASIA PAVILLÓN OURENSE

 COMPETICIÓN CONXUNTOS PROVINCIAL PROMOCIÓN

CATEGORÍA PREBENXAMÍN: 1º CLUB XIMNASIA PAVILLÓN OURENSE

CATEGORÍA BENXAMÍN: 1º ESCOLA XIMNASIA PAVILLÓN e 2º CLUB XIMNASIA PAVILLÓN OURENSE

CATEGORÍA ALEVÍN: 1º ESCOLA XIMNASIA PAVILLÓN OURENSE

CATEGORÍA INFANTIL: 1º CLUB XIMNASIA PAVILLÓN OURENSE

CATEGORÍA CADETE: 1º CLUB XIMNASIA PAVILLÓN OURENSE

 

Comments