Escolas ximnasia 2020-2021

publicado a la‎(s)‎ 17 jun. 2020 11:44 por carmen blanco   [ actualizado el 17 jun. 2020 11:48 ]

Inscripción Club Ximnasia Escola Pavillón Tempada 2020-2021

Está aberto o prazo para a inscrición nas escolas de ximnasia do Club Ximnasia Escola Pavillón 2020-2021

Para inscribirse

Para formalizar a inscripción só tendes que completar a Ficha de inscripción e a Ficha de Protección de datos que adxuntamos  e enviar todo xunto con foto tamaño DNI e fotocopia DNI  do/a ximnasta. Para entregalo tendes as seguintes opcións:
 

  • Enviar toda a documentación ao correo electrónico da escola escolaximnasia@gmail.com,  neste caso debedes entregar o orixinal asinado o primeiro día de curso.
  • No caso de que non vos sexa posible ningunha das dúas cousas, chamar por teléfono ó teléfono da escola (693 639 079) para concertar o modo de entrega.
As inscripcións poderanse realizar durante todo o verán por correo electrónico e consulta telefónica. Tamén unha vez iniciado o curso (sempre que haxa prazas vacantes).

IMPORTANTE:

  • Só se poderá acoller a cuota domiciliada se se realiza a inscrición antes do 30 de decembro. De acollerse a cuota domiciliada unha vez iniciado o curso, haberá que facer o ingreso en banco das cuotas que foran xa cargadas ó resto de inscritos/as, sendo cargadas as restantes que correspondan.
  • Este ano todos os grupos, sedes e horarios quedan suxeitos a modificación ata confirmación de instalación por parte do Consello Municipal de Deportes e situación sanitaria que puidese darse durante a tempada.

XII Torneo Primavera Cidade de Ourense "Online"

publicado a la‎(s)‎ 15 abr. 2020 13:10 por carmen blanco   [ actualizado el 19 abr. 2020 9:55 ]



Como sabedes o noso XII Torneo Primavera Cidade de Ourense tivo que ser posposto debido ás complicadas circunstancias que nos tocou vivir. Pero non queríamos que pasase este domingo 26 de abril sen estar xunt@s. Así que nos propuxemos un Torneo Primavera diferente. Será online!!! Só podemos convocalo para as nosas ximnastas e escolas porque sería materialmente imposible editar un vídeo das dimesións que sairía doutro modo. Invitamos, iso sí, a todos os clubs que queiran a ver a retransmisión dos exercicios o día 26 no noso canal de youtube. E por suposto esperámosvos a todos e todas connosco no momento que poidamos facer realidade a modalidade presencial.


Adxuntamos normativa para que vaiades poñendo a vosa imaxinación a camiñar!!!

CLasificatorio Copa de España Conjuntos Base e Absoluto

publicado a la‎(s)‎ 15 mar. 2020 6:27 por carmen blanco

Ourense (1-03-2020)


O domingo 1 de marzo cinco dos nosos conxuntos nacionais buscaban a súa participación nas Fases  Nacionais de Copa Base e Copa Absoluta de Conxuntos. E foi na nosa Cancha Central dos Remedios.

A tarefa non era nada fácil tanto polo adiantado das datas como pola falta de instalación que tivemos nesta fase inicial da temporada.

No clasificatorio de conxuntos base o conxunto alevín estivo moi correcto conseguindo así a terceira mellor nota da súa categoría e por tanto a clasificación. O conxunto cadete mostrounos un dos seus mellores exercicios ata o momento, acadou a cuarta mellor nota dos oito conxuntos da súa categoría e tamén está clasificado para a fase nacional. Non tivo tanta sorte o conxunto xuvenil que , non sendo o seu mellor día, quedou fóra da clasificación.

Na competición absoluta o conxunto infantil pagou o seu primeiro ano como intantil e, con un exercicio que ten un amplo marxe de mellora para a seguinte cita, non acadou a clasificación para a Copa Absoluta. O conxunto senior non tiña moita presión nesta xornada e mostrounos as melloras do seu exercicio de pelota que esperamos nos dé moitas alegrías este ano.

Moita sorte para o resto da temporada!! 

XII TORNEO PRIMAVERA CIDADE DE OURENSE

publicado a la‎(s)‎ 28 ene. 2020 13:29 por carmen blanco


A competición terá lugar o domingo día 26 de abril nas modalidades de ximnasia rítmica masculina, individual promoción, individual nivel federado, conxuntos promoción , conxuntos nivel federado e ximnasia estética de grupo. 
Nos documentos que adxuntamos podedes ver as categorías e límites de inscripcion por club en cada caso. O prazo de inscripción remata o día 20 de marzo.
Estaremos encantad@ de recibirvos e pasar un bonito día de rítmica!!!

De nuevo tenemos el placer de organizar nuestro Torneo Primavera Cidade de Ourense que va ya por su XII edición.
La competición tendrá lugar el domingo día 26 de abril en las modalidades de gimnasia rítmica masculina, individual promoción, individual nivel federado, conjuntos promoción, conjuntos nivel federado y gimnasia estética.


En los documentos que adjuntamos podéis ver las categorías y límites de inscripción por club en cada caso. El plazo de inscripción termina el día 20 de marzo.
Estaremos encantad@s de recibiros y pasar un bonito día de rítmica a vuestro lado!!


XIII TORNEO NADAL DE XIMNASIA. 2019

publicado a la‎(s)‎ 2 ene. 2020 11:23 por Pilar Iglesias   [ actualizado el 2 ene. 2020 11:33 ]

 
Por segundo ano consecutivo aproveitamos o Torneo Nadal de Ximnasia para facer competición de Trampolín nos niveis Escolar e Base. Son estes os niveis iniciais de competición nesta modalidade ximnástica e habitualmente solo contan con dous competición anuais, polo que se decidiu darlles a estes saltadores unha oportunidade mais de medirse cos seus compañeiros e compañeiras nunha competición que conta coa oficialidade da Federación Galega de Ximnasia (FGX).Para moitos deles e delas era a súa primeira competición e tendo en conta que a o traballo técnico en trampolín desenvólvese cara a principal competición que ten lugar entre finais de maio e principios de xuño, os exercicios que amosaron nesta competición atópanse todavía nunha fase inicial de preparación.

Aínda que a participación se reduciu a tres Clubs: Club Ximnasia Pavillón, Club Ximnasia Escola Pavillón e Escola Deportiva Barbadás, contamos con 50 ximnastas en competición.

Deixámosvos os resultados:
Competición Escolar N1 (6-7 anos)
1º Daniela Rodríguez Augusto e Brais Aguiar Vila (CXP)
2º Carmen Loureiro Hernansanz (CXP) e Iker García Martínez (Barbadás)
3º Mara Lázaro Díaz (Barbadás) e Noa Sterling Wiltbank (CXP)

Nivel 2 (8-9 anos)
1º Ada Miguel Ferreira e Iván Pacios Miguel (CXP)
2º Anne González Pérez e Benjamín Celis López (CXP)
3º Aixa Álvarez Gómez (Barbadás) e Mario Montegagudo Blanco (CXP)

Nivel 3 (10-12 anos)
1º Zaira Couxil Gómez e Andrés Cid Vieytes (CXP)
2º Iria Muñoz Iglesias e Lucas Morgado Rodríguez (CXP)
3º Athenea Fernández Pastoriza e Jake Wayne Wiltbank (CXP)

Nivel 4 (13 anos e mais)
1º Jacobo Seguín Fernández (CXP)
2º Miguel Pérez Quiroga (CXP)

A competición Base deparounos os seguintes resultados:
Base 1
1º Uxía Blanco Cidón
2º Diego Rodríguez Pérez
3º Alicia Castaño Garrido

Base 2
1º Xiana Blanco Cidón
2º Claudia Castro de Francisco
3º Ainhoa Crestelo Fernández

Base 3
1º Clara Iglesias Pérez
2º Rubén Castillo López
3º Sophia Novelle Man

Campionato do Mundo por Idades de Trampolín. Tokio 2019

publicado a la‎(s)‎ 2 ene. 2020 10:23 por Pilar Iglesias

Entre os días 5 e 8 de decembro, nove dos nosos ximnastas de trampolín, acompañados dos seus adestradores: Inmaculada Pazos-Sánchez Rubio e Iago Covela Iglesias participaron representando a España no Campionato do Mundo por Idades celebrado en Tokio no Centro Gimnástico Ariake construído para dar cabida á ximnasia nas Olimpiadas de Tokio.


Como cada ano os ximnastas foron seleccionados despois dun proceso elaborado e seguido pola Real Federación Española de Gimnasia (RFEG). Os e as ximnastas pavillonistas non defraudaron: Pedro Castaño Garrido (categoría 11-12 anos) despois de dous acertados pases no Trampolín Individual rematou posicionado na metade da tabla o que sin duda é un éxito motivador para un ximnasta tan pequeno, o mesmo ximnasta acadou o posto 15º en DMT.

Hugo Vila Pérez (categoría 13-14 anos) para quen era o seu primeiro Campionato do Mundo por Idades conseguiu situarse na metade da tabla en trampolín individual, sendo o representante español mellor posicionado; esta categoría estivo dominada por Gran Bretaña, Rusia, Japón, USA e a veciña Portugal; o mesmo ximnasta xunto con Hugo Rodríguez Pérez acadaron o posto 14 en sincronismo. Na mesma categoría Saúl Rodríguez Rodríguez fixo un excelente primeiro pase de Trampolín que o posicionaba con ese pase no posto 22 de 60 participantes, a saída de aparato no segundo salto non lle permitiu manter a posición pero a progresión do ximnasta quedou manifesta.

Na categoría 15-16 Alejandra Braña Barreiros xunto coa súa compañeira Desirée Valero Prats (CGE Les Moreres) remataron en 9ª posición, ás portas das finais, detrás de Bielorrusia, Rusia, Gran Bretaña, Georgia e Alemania, sendo de novo as españolas mellor situadas.
Xa na categoría 17-21 anos hai que destacar a participación de Noa Puente-Dodd Álvarez que se situou no primeiro tercio da tabla en trampolín individual (posto 17 de 54 participantes), sendo ela tamén a española mellor situada; as súa compañeira María Salas Cid rematou a competición no posto 29; esta categoría estivo dominada por Rusia, USA, Japón, Gran Bretaña e Alemania.
Por último Lucas Domuro Arias e Nicolás Cid Rancaño, despois dunha emocionante preliminar de sincronismo fixeron vibrar as gradas españolas nunha dura final na que obtiverona 5ª posición solo superados por Francia, USA, Alemania e Rusia.

Como resumo da competición poderíamos dicir que predominou o traballo ben feito.

Ano a ano os participantes do Club consiguen manter unha notable presenza na Delegación Española e escalan pouco a pouco posicións no aparato olímpico ao que lle adican os máximos esforzos.

Desde aquí agradecer o Plan de Patrocinios impulsado poa Xunta de Galicia (Deporte Galego, Galicia Saudable e A Banca) que fixo esta competición un pouco mais doada para estes ximnastas.

Campionato Nacional de conxuntos Nivel Absoluto

publicado a la‎(s)‎ 1 ene. 2020 13:12 por carmen blanco

Entre os días 29 e 30 de novembro competían en Zaragoza os nosos conxuntos absolutos  alevin e senior na máis importante competición de todo o ano. As expectativas, despois dunha excelente tempada, eran boas pero o obxectivo previsto non se acadou. Tras uns anos nos que apenas erramos nos exercios executados nas máis importantes citas nacionais, esta non foi tan satisfactoria. Ambos conxuntos tiveron erros importantísimos nos seus exercicios, en ambos pases, e, aínda así, obitveron unhas nada desdeñables clasificacións, sendo o alevín 18º clasificado entre os 31 conxuntos participantes na súa categoría. As senior, por súa parte foron 31º entre os 50 conxuntos participantes

Valoramos moi positivamente a tempada que acaba de rematar na que ambos conxuntos se clasificaron para as tres fases de Copa de España obtendo moi boas clasificacións en case todas, e o excelente papel realizado no recente Euskalgym

Xa comezamos coa programación da vindeira tempada na que o alevín se estreará na categoría infantil e as súas compañeiras adquirirán veteranía tras o seu primeiro ano na categoría senior.

Ademáis estamos xa a tope preparando os novos exercicios dos conxuntos nacionais e autonómicos!!!.

NOA, MARÍA E NICO CONVOCADOS POLA RFEG. 2019

publicado a la‎(s)‎ 30 dic. 2019 9:35 por Pilar Iglesias




Desde os dias 15 ao 19 de outubro tres dos nosos ximnastas de Trampolín foron convocados, xunto coa súa adestradora Inmaculada Pazos-Sánchez Rubio para participar nunhas xornadas de tecnificación no CAR de Barcelona.
María Salas Cid, Noa Puente-Dodd Álvarez e Nicolás Cid Rancaño  todos eles intregrantes do equipo elite incluído no Plan de Patrocinios da Xunta de Galicia (Deporte Galego, Galicia Saúdable e A Banca) foron convocados pola súa traxectoria e progreso.

A cita acudiron 8 ximnastas de categoría 16-17 anos, ademais dos e das pavillonistas tamén foron convocadas: Érika Sanz (Acrobática Valladolid) Andrés Martínez (Arroyo, Valladolid), Raúl Sánchez (Getafe, Madrid) Ismael Belmonte (Albacete)e Jorge Cazorla (Getafe, Madrid).

De seguro disfrutarán e rendirán con proveito  nas instalacións do Centro de Alto Rendemento de Barcelona.


TORNEO INTERNACIONAL CIUDAD DE VALLADOLID. 2019

publicado a la‎(s)‎ 30 dic. 2019 9:04 por Pilar Iglesias   [ actualizado el 30 dic. 2019 11:13 ]

Desde os día 4 ao 6 de outubro celebrouse en Valladolid no Polideportivo do Pisuerga o Torneo Internacional de Trampolín, Ciudad de Valladolid. A esta competición acudiron 13 dos ximnastas Nivel Elite do CXP que están incluídos no Plan de Patrocinios da Xunta de Galicia (Deporte Galego, Galicia Saudable, A Banca) xunto cos seus adestradores Inmaculada Pazos Sánchez-Rubio e Iago Covela Iglesias. Ao evento acudiron, segundo a información dada pola RFEG, 20 países.


Oito ximnastas conseguiron entrar en finais destacando a participación dos mais pequenos: Mateo Rodríguez Pérez (11-12 anos) rematou en 7ª posición na modalidade de Trampolín nunha categoría dominada por Bulgaria e en 4ª posición en DMT. Pola súa banda Claudia Blanco Cidón acadou un meritorio 5º posto en Trampolín temén superada pola búlgaras e unha grega.

Noa Puente-Dodd Álvarez (17-21 anos) pola súa banda fíxose coa medalla de prata en DMT, superada pola australiana Cheyanna Robinson; a súa compañaira María Salas Cid quedou en 4ª posición. En Trampolín Noa rematou a ronda preliminar en 5ª posición pero algún fallo nas finais relegouna á 7ª posición superada por americanas e germananas e pola española Paula Vázquez.

Entraron tamén en finais de DMT os seguintes ximnastas: Saúl Rodríguez Rodríguez (6º), Hugo Rodríguez Péres (7º), Nicolás Cid Rancaño (5º) e Lucas Domuro Arias (4º)

Aínda que non conseguiu entrar en finais compre destacar a participación de Alejandra Braña Barreiros que na categoría 15-16 de Trampolín foi a española mellor clasificada (10ªposición) nunha categoría dominada por Italia, EEUU e Georgia.
Por último temos que lembrar que o equipo elite está incluído ese ano no Plan de Patrocinios da Xunta de Galicia (Deporte Galego, Galicia Saudable e A Banca).



CAMPIONATO DE ESPAÑA DE XIMNASIA DE TRAMPOLÍN. NIVEL ELITE 2019

publicado a la‎(s)‎ 30 dic. 2019 8:44 por Pilar Iglesias   [ actualizado el 30 dic. 2019 11:12 ]

Entre os dias 27 e 29 desenvolveuse no Pavillón do Pisuerga (Valladolid) o Campionato de España de Trampolín no Nivel Elite. O Club presentou 15 ximnastas do Nivel Elite, ximnastas incluídos no Plan de Patrocinios da Xunta de Galicia durante a tempada 2019 (Deporte Galego, Galicia Saudable e A Banca)

Na intensa xornada do sábado o Club conseguiu pasar a 28 finais repartidas entre as distintas categorías e modalidades: 13 finalistas en Trampolín, 10 en Dobre Minitramp e 5 parellas en Trampolín sincronizado.

Na última xornada de competición o Club acadou 22 medallas no Nivel Elite subindo a podio en todas as categorías nas que levaba representación excepto no Nivel 8 masculino onde Lucas, Guillermo e Nicolás non tiveron unha acertada competición.

Compre destacar ademais dos podios individuais a competición por equipos: Os equipos sub-15 subíronse ao mais alto do podio. O equipo sub-15 M (Hugo Vila Pérez, Hugo Rodríguez Pérez, Mateo Rodríguez Pérez e Saúl Rodríguez Rodríguez) proclamouse campión de España en Trampolín e subcampión en Dobre Minitramp; o equipo feminino (Ainara Camoeiras Vázquez, Rocío Salas Cid e María Fujú García Varela) tamén se proclamou campión de España. Nos equipos absolutos, o Feminino (María Salas Cid, Noa Puente-Dodd Álvarez e Alejandra Braña Barreiros) proclamouse ouro en DMT e bronce en Trampolín. Tamén a nivel individual María, Noa e Alejandra subiron ao podio nos dous aparatos nunha competición brillante.

Podemos concluír dicindo que tanto a competición no Nivel Base como no Nivel Elite de trampolín foi un éxito rotundo para o Club pavillonista
Deixámosvos un documento cos resultados finais desta competición onde podedes ver cales foron os Clubs mais laureadas.

1-10 of 155