Benvidos!

Este club ten unha historia de máis de trinta anos competindo en diferentes modalidades: ximnasia artística feminina, ximnasia artística masculina, trampolín e ximnasia rítmica.

Os logros obtidos no transcurso de todos estes anos son froito dun traballo conxunto de moita xente á que queremos agradecer o seu esforzo e colaboración na empresa común que nos une:
  • Os socios fundadores, Xunta Directiva e adestradores do Club Ximnasia Escola Pavillón (algún destes últimos forma parte tamén do noso corpo técnico), creado no ano 2005 para dar cabida a tantos nenos e nenas que desexan facer ximnasia en Ourense e que, a través da mellor organización de que son capaces, contando con escasos medios para atender a tanta demanda, está facendo posible que exista unha canteira importante de ximnastas na nosa cidade.
  • A Escola Municipal de Barbadás, a través da cal se formaron e forman moitas ximnastas que chegan a formar partedo noso club. E tamén a outros concellos que van contando connosco para a creación das súas escolas deportivas (Xinzo de Limia, Celanova), e que confiamos en que cada vez sexan máis.
  • A ANPAS do CEIP de Ourense, que confían en nós para crear nos seus centros escolas de ximnasia, o que nos permite seguir facendo base.
  • Os membros da Federación Galega de Ximnasia, Ximnasia, que no desenvolvemento do seu traballo, pouco ou, en ocasións, nada remunerado, permite melloras como a tecnificación de ximnastas e adestradores, entre outras cousas.
  • A entidade ABANCA, que nos apoia económicamente dende o ano 2008.
  • A empresa ourensana AGS 11 e outras que, de diferente xeito, colaboran connosco.
  • Os organismos públicos dos que recibimos subvencións:
    • Consello Municipal de Deportes
    • Xunta de Galicia
    • Deputación Provincial
  • Antiguos e actuais adestradores, directivas, ximnastas e pais de ximnastas, que permitiron que o club chegase ata onde hoxe está.

Gracias a todos eles hoxe somos…






Adestramentos

Campo da Feira
  • Luns 18:00 - 21:00
  • Martes 16:00 - 21:00
  • Mércores 16:00 - 21:00
  • Xoves 16:00 - 21:00
  • Venres 16:00 - 21:00
  • Sábado 9:00 - 15:00
Pavillón Remedios
  • Venres 16:00 - 20:00
  • Sabado 9:00 - 16:00

* Cada grupo de ximnastas, según categoría e modalide, ten un horario asignado


Noticias recientes

  • Campionato Galego por equipos- Clasificatorio II Copa de España La jornada del 17 de mayo ha sido impecable para lnuestros equipos alevín y senior. Por la mañana se medían nuestros tres conjuntos absolutos  (alevín, junior y senior) para luchar ...
    Publicado a las 16 jun. 2019 13:52 por carmen blanco
  • Cascais Beach Cup 2019 Entre os dia 11 e 14 de abril desprazáronse a Carcavelos (Portugal) 13 ximnastas de Trampolín para participar na Beach Cup, evento ao que ven acudindo con asiduidade o equipo ...
    Publicado a las 16 jun. 2019 13:42 por carmen blanco
  • I Fase Copa de España Conxuntos (Guadalajara- 14 de abril) O domingo día 14 de abril competían en Guadalajara  na I Fase de Copa de España de Conxuntos, os nosos tres conxuntos absolutos.As  alevíns foron madrugadoras e saíron a ...
    Publicado a las 4 may. 2019 10:28 por carmen blanco
  • Copa Conxuntos Base (Guadalajara-12 abril 2019) O venres 12 de abril competiron os nosos tres conxuntos de Nivel Base no Polideportivo Multiusos de Guadalajara na Copa de España.As primeiras en saltar  ó tapiz foron as ...
    Publicado a las 4 may. 2019 10:29 por carmen blanco
  • XI TORNEO PRIMAVERA CIDADE DE OURENSE Xa queda pouco para unha nova edición do Torneo Primavera Cidade de Ourense, que este ano irá pola XI edición.  Será o día 7 de abril. Teremos competición de varios ...
    Publicado a las 4 may. 2019 10:31 por carmen blanco
Mostrando entradas 1 - 5 de 125. Ver más »