Contacto
Enderezo: Pardo de Cela, 2, 32003 Ourense, España
Teléfono:
- 691 405 641 (consultas xerais)
- 693 639 079 (inscripcións escola ximnasia pavillón)
Email: cxpavillon@yahoo.es
DirectivaPresidentaMª del Carmen Blanco González VicepresidentaMª Luz Fernández Quintas TesoreiraConcepción Rodríguez Docampo SecretariaMaría Rita Rodríguez López VocaisJennifer MannÉrika Barreiros Rivera Marcos de Martin Gutierrez Roberto Nogueiras Rodríguez Mª Pilar Iglesias Armada Mª Rosa Salgado Madriñán Juan Carlos Mangana Losada Marta Mª Cid Fernández Cláusulas Legales | Un pouco de historiaDende as súas orixes
ata o ano 2003, o Club Ximnasia Pavillón, era, igual que tódolos Clubes
Pavillón, unha sección do Club Atletismo Pabellón. Foi en outubro de 2003, sendo D. José Manuel Estévez Feijóo presidente do mesmo, cando se elaboraron os novos estatutos e quedou constituído como club independente co nome de Club Ximnasia Pavillón Ourense. Durante todos todos estes anos de historia, o club pasou por mellores e peores momentos, pasando incluso por situación próximas á súa desaparición, alá polos anos noventa. Nese momento estableceuse un Regulamento Interno no que quedaba claro que o que se primaba era que fixeran ximnasia o maior número posible de nenas e nenos, pero intentando obter resultados capaces de mellorar a autoestima dos ximnastas para impedir o abandono precoz da actividade, conseguindo deste xeito o noso obxectivo prioritario: formar adestradores de “club” que deran continuidade á labor iniciada e crear unha masa social firme. A partires do ano 1993 a rítmica
do club ximnasia pavillón comezou a facerse un oco nas competicións
autonómicas. Na actualidade esta disciplina sitúanos entre os mellores
clubs de Galicia, tanto pola súa participación en campionatos
autonómicos (escolares, de base e federados) e en campionatos nacionais,
como polo ascenso cada ano do número de ximnastas pertencentes á
tecnificación galega (dúas ximnastas no ano 2009, catro no ano 2010). A modalidade de ximnasia artística
tivo que ser abandonada debido á falta de adecuación da instalación coa
que se contaba. Foi sendo sustituída pola
modalidade de trampolín (Doble Minitramp e
Tumbling) en que os nosos ximnastas pronto se constituíron nos mellores
de Galicia, chegando repetidamente a ser campións nacionais, conseguindo participación en Campionatos Mundiais (Dinamarca e Alemania), ximnastas na Selección Galega, etc. Nesta modalidade o Club conseguiu que Ourense fose un referente na práctica deste deporte durante moito tempo. Tras uns anos de declive no número de ximnastas de trampolín, debido, entre outras causas, ó cada vez peor estado dos aparatos e falta de instalación, dende o ano 2008 vimos observando un ascenso no número de ximnastas e calidade dos mesmos, debido, en parte, á boa labor realizada polo Club Ximnasia Escola Pavillón, xermo da base dos nosos ximnastas. É , sobre todo, salientable o nivel acadado na modaliade olímpica de trampolín nos últimos catro anos. A cesión da instalación deportiva do Campo da Feira en exclusiva para a práctica da ximnasia, dende setembro do ano 2012, aínda que con deficiencias que loitamos por mellorar, supuxo para o noso club, a posibilidade de un mellor aproveitamento dos adestramentos nas dúas modalidades. Acadamos moitos dos nosos obxectivos iniciais pero sabemos que aínda quedan moitas cousas por mellorar e moitos aspectos en qué avanzar, o que todos intentamos conseguir do mellor xeito posible cos medios que temos ó noso alcance. |