Contacto
Enderezo: Pardo de Cela, 2, 32003 Ourense, España
Teléfono: 693 639 079
Email: escolaximnasia@gmail.com
Inscripción Club Ximnasia Escola Pavillón Tempada 2020-2021
Nesta sección cedida ó Club Ximnasia Escola Pavillón teredes os documentos e información precisos para a inscrición nas escolas de ximnasia.
Funcionamento do Club Ximnasia Escola Pavillón
Este club ten como obxectivo fundamental a práctica do deporte da ximnasia nas modalidades de rítmica e trampolín para todos os nenos e nenas que o desexen dende os tres anos de idade.
As horas de adestramento varían de unha a catro horas semanais, según os grupos. O seu obxectivo específico, no relativo á competición, é a participación na Copa Deputación e no Campionato de nivel escolar (só nos casos que así o decida o corpo técnico).
Por outra banda, as nenas e nenos teñen a oportunidade de dar o salto a niveis superiores de competición (autonómica e nacional), sempre aconsellados polo noso corpo técnico.
Temos un grupo de Escola en Ribadavia para todas as idades (dende os 4 anos en adiante. En breve informaremos dos horarios, lugar e día de adestramento.
Para inscribirse
Para formalizar a inscripción só tendes que completar a Ficha de inscripción e a Ficha de Protección de datos que adxuntamos e enviar todo xunto con foto tamaño DNI e fotocopia DNI do/a ximnasta. Para entregalo tendes as seguintes opcións:
- Enviar toda a documentación ao correo electrónico da escola escolaximnasia@gmail.com, neste caso debedes entregar o orixinal asinado o primeiro día de curso.
- No caso de que non vos sexa posible ningunha das dúas cousas, chamar por teléfono ó teléfono da escola (693 639 079) para concertar o modo de entrega.
IMPORTANTE:
- Só se poderá acoller a cuota domiciliada se se realiza a inscrición antes do 30 de decembro. De acollerse a cuota domiciliada unha vez iniciado o curso, haberá que facer o ingreso en banco das cuotas que foran xa cargadas ó resto de inscritos/as, sendo cargadas as restantes que correspondan.
- A escola de Ribadavia ten condicións especiais no caso do pago domiciliado que debe ser consultado na primeira reunión do curso.
- Este ano todos os grupos, sedes e horarios quedan suxeitos a modificación ata confirmación de instalación por parte do Consello Municipal de Deportes e situación sanitaria que puidese darse durante a tempada.