Club

Ximnasia

Pavillón Ourense

Profesionais

equipo de expertos

Experimentados

CxP
Ourense

Agradecimientos

Este club ten unha historia de máis de trinta anos competindo en diferentes modalidades: ximnasia artística feminina, ximnasia artística masculina, trampolín, ximnasia rítmica e ximnasia estética.

Os logros obtidos no transcurso de todos estes anos son froito dun traballo conxunto de moita xente á que queremos agradecer o seu esforzo e colaboración na empresa común que nos une:

Os socios fundadores, Xunta Directiva e adestradores do Club Ximnasia Escola Pavillón (algún destes últimos forma parte tamén do noso corpo técnico), creado no ano 2005 para dar cabida a tantos nenos e nenas que desexan facer ximnasia en Ourense e que, a través da mellor organización de que son capaces, contando con escasos medios para atender a tanta demanda, está facendo posible que exista unha canteira importante de ximnastas na nosa cidade.

A Escola Municipal de Barbadás, a través da cal se formaron e forman moitas ximnastas que chegan a formar parte do noso club. E tamén a outros concellos que van contando connosco para a creación das súas escolas deportivas (Xinzo de Limia, Ribadavia. O Pereiro, etc.), e que confiamos en que cada vez sexan máis.

A ANPAS dos colexios de Ourense, que confían en nós para crear nos seus centros escolas de ximnasia, o que nos permite seguir facendo base.

Os membros da Federación Galega de Ximnasia, que no desenvolvemento do seu traballo permiten melloras como a tecnificación de ximnastas e adestradores e crecemento do noso deporte, entre outras cousas.

Os organismos públicos dos que recibimos subvencións:
Consello Municipal de Deportes
Xunta de Galicia
Deputación Provincial

Antiguos e actuais adestradores, directivas, ximnastas e familias de ximnastas, que permitiron e permiten que o club chegase ata onde hoxe está.

Gracias a todos eles hoxe somos… familia CXPOurense

+ 0
anos
+ 0
Adestradores
+ 0
Familias

ximnasia artística

Trampolín

ximnasia rítmica

ximnasia estética

nosas modalidades

Blog

Segue as nosas novidades a través do blog

Xa temos blog!!

Xa temos blog!!

A partires de hoxe estreamos blog. Esta sección está á vosa disposición para que compartades connosco experiencias, coñecementos e todas aquelas cousas que nos poidan enriquecer. Estade moi atentos porque … xa temos cousas marabillosas que vos faremos chegar de seguida! A partir de hoy estrenamos blog. Esta sección está a vuestra disposición para que […]

Motivacion, compromiso e paixón: pilares do deporte

Motivacion, compromiso e paixón: pilares do deporte

No noso club sabemos que non son os resultados os que definen ós equipos senón a paixón que poñen en cada adestramento e en cada competicion, o compromiso que exhiben día a día e esa motivación intrínseca que pon en valor o proceso e é resultado do anterior. E todo isto non ten que ver […]

Vivese mellor con mallas

Vivese mellor con mallas

A punto xa de rematar unha nova tempada, cos seus bós e malos momentos, para ximnastas, adestradoras e familias. O cansancio mestúrase coa adrenalina das competicións e provocan unha montaña rusa emocional que ás veces nos esgota e entón … chega algo coma isto, unha carta dunha nai que nos fai tocar o ceo e […]

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad
Ir al contenido